A Guarda informa da ampliación do prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillos menores de 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 8 de setembro AMPLÍASE o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2012 e 1 de xaneiro de 2015 (inclusive) e  que non  tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2013, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

O prazo para a presentación das solicitudes  rematará o día 8 de outubro 2015. 

Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda.

O horario de atención é de  9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

 

9 de setembro de 2015 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.