publicidade hoxe

A Garda Civil detén aos supostos autores do roubo de gasoil dun camión na Illa de Arousa

A Garda Civil detivo a R.P.F.,  de 25 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa, a M.V.V., de 22 e a L.F.O., de 23, estes dous veciños da Illa de Arousa,  como supostos autores dun delito de roubo con forza de gasoil.

Tras a denuncia presentada no Posto da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa polo propietario do camión marca Scania, modelo 420, na que manifesta que na mañá do día 28 de agosto pasado deuse conta de que do depósito de combustible do seu camión subtraéranlle gasoil despois de forzalo, o cal o tiña estacionado no peirao “O Xufre” (Illa de Arousa), compoñentes do referido Posto iniciaron as correspondentes investigacións para o esclarecemento deste feito delituoso.

Estas investigacións deron resultado positivo no día de onte cando se procedeu á detención dos tres supostos autores, os cales foron conducidos ás dependencias oficiais onde se instruíron as correspondentes dilixencias. 

Os detidos, que contan con antecedentes policiais, quedaron en liberdade coa anuencia da Autoridade Xudicial e coa obrigación de presentarse no Xulgado de Instrución número DOUS de Vilgarcía de Arousa cando para iso sexan requiridos.

2 de setembro de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.