publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A galería de ultramarinos e bocadillos de Fisterra Etel&Pan ocupa os primeiros postos de webs internacionais de viaxes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal Portada
A-
A+
Etel & Pan

Etel & Pan

Baixo o concepto de “bocadillos e galería ultramarina”, en Etel&Pan coidase ata o último detalle da complicada sinxeleza dun bocadillo con pan do día, carnes de primeira calidade, conservas artesanais e con outros productos frescos locais. Seguindo as recomendacións dos responsables do local, queda na man do cliente a elección da mesa e das vistas para desfrutar deste manxar cumplindo así un dos obxectivos do establecemento: poñer en valor o patrimonio paisaxístico de Fisterra. 

Os responsables do establecemento, dous xóvenes da zona, son uns namorados das paisaxes da Costa da Morte e consideran que a mellor forma de desfrutar delas é comendo ao aire libre acompañados dunha cesta cargada de productos galegos que seguen conservando todo o seu sabor. Toda esta idea, xunto coa defensa do comercio local, foi suficiente para dárlle forma a Etel&Pan que tivo unha boa acollida entre os milleiros de turistas que visitan Fisterra e a súa contorna. 

Ademais, esta pequena tenda gastronómica, situada nunha antiga casa mariñeira da rúa Real de Fisterra, conta cunha galería de pezas singulares vinculadas principalmente ó mar e realizadas por artesáns galegos.

O coidado traballo de Etel e Palmira, responsables do establecemento,  pronto se viu recompensado polos clientes; xa que, con menos de tres meses de vida, Etel&Pan ocupa os primeiros postos das principais páxinas web de viaxes do mundo, tales como Tripadvisor e conta cun bo número de seguidores nas redes sociais.

Cabe destacar o pouco tempo no que se acadou de forma natural estes primeiros postos do ranking de lugares para comer a pesares da grande variedade hosteleira existente na vila. Os clientes soen destacar a singularidade do establecemento así como a excelente calidade dos productos.

1 de setembro de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.