A Fundación abre a inscrición nas actividades deportivas infantís e de adultos
A Fundación Municipal de Deportes abre o luns, 21 de setembro a inscrición nas actividades deportivas infantís e para adultos da temporada outono inverno. Os nenos e nenas de 4 a 15 anos poden anotarse, en función do seu grupo de idade, nas escolas de Psicomotricidade, Multideportivas ou de Deporte Base mentres que os adultos a partir de 16 anos, dispoñen dunha oferta de oito modalidades deportivas. Os interesados poderán realizar o trámite ata o 7 de outubro, nas dependencias de Fexdega en horario de 9 a 14 horas. As actividades comenzarán a impartirse en outubro.
O novo curso deportivo desenvolverase de outubro a xuño. No caso das actividades para adultos, o prazo que se abre é para o primeiro trimestre do ano. As modalidades deportivas que se ofertan son ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga e pilates. O custe por trimestre é de 18 euros aínda que se establecen bonificacións en función dos niveis de ingresos. As persoas que xa dispoñen do carné da Fundación deberán anotarse igualmente ás actividades que desexen, sen pagar nada máis.
Os que aínda non o teñan ou queiran renovar o do ano pasado pódeno solicitar nas mesmas dependencias da Fundación.A cota vai dende os 60 euros do carné familiar -que bonificado queda en 50- aos 45 do individual sénior -30 coa bonificación) e os 30 para mozos e maiores de 65 anos.











