publicidade hoxe

A Feira Internacional do Moble de Galicia abrirá ao público captando o interese de novas firmas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaCalendario
A-
A+

O vindeiro día dezanove de setembro, o recinto feiral estradense, abrirá as súas portas ao público para amosarlles unha nova edición do seu evento estrela, a tradicional “Feira do Moble”. O certame, manteráse aberto ata o vintesete de setembro, en horario ininterrumpido de once a vinteunha horas, conservando a entrada gratuita de visitantes e o sorteo de vales de compra e ceas , por xentileza da Asociación de Fabricantes e Comerciantes de Mobles da Estrada e o Restaurante “Asador de Leo”, respectivamente.

Este ano, a Feira do Moble, por primeira vez na súa historia e tras os éxitos obtidos ao longo da mesma, gozará do distintivo de “Internacional”, acadado o pasado mes de decembro. O Ministerio de Economía e Competitividade, a traverso da Secretaría de Estado de Comercio, así o publicaba o Boletín Oficial do Estado, tras as xestións realizadas dende o propio recinto feiral. Este distintivo aporta ao certame, prestixio, difusión e publicidade.

Unha edición mais, este referente sectorial, abrirá os seus tradicionais seis pavilóns, ocupando unha superficie de mais de 26.000 m2. A mostra, albergará a preto de setenta firmas especializadas en todo o concerniente a mobiliario doméstico: Descanso, decoración, relax, tapicería, mobiliario en xeral, iluminación, complementos, etc… Nesta ocasión, incorpóranse ao certame novas firmas extranxeiras que chegan apostando forte xa que, algunha delas ocupará un espazo expositivo que supera os dosuscentos metros cadrados. Entendemos que estas apostas débense á traxectoria que seguiu o certame estos últimos anos.

A 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, aunará o deseño vangardista e a tradición autóctona do moble clásico. O clásico e o moderno, teñen un público adepto neste recinto feiral.

As novas tendencias, materiais, acabados, etc…, presentanse neste certame que por outra banda, convertiuse no referente do noroeste peninsular. Cando paradóxicamente, os recintos feiriais apostan cada vez mais por eventos multisectoriais, A Estrada quere seguir distinguíndose por unha aposta especializada e sectorial, non en vano, está considerada por tradición e vocación a “Capital do Moble de Galicia”.

4 de setembro de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.