A Feira Franca bota a andar cun espectáculo inaugural conxunto
A Feira Franca chega a súa dezaseis edición con novidades deixando claro que lonxe de esgotarse é unha cita consolidade e con futuro. Por primeira vez cinco compañías – Kull d´Sak, Troula, Roxie Produçoes, Pablo Méndez Perfomance e Pedro Volta- comporán un espectáculo conxunto, e será o acto inaugural dunha festa adicada nesta ocasión á alquimia.
“Será un espectáculo moi potente, moi complexo no que levan meses traballando as cinco compañías para sorprendermos a todos” explica a concelleira de Festas, Carme da Silva. Un espectáculo no que non faltará os elementos esenciais da natureza: lume, auga, terra e luz, as acrobacias… e maxia propia do mundo da alquimia.
O espectáculo compartido é a grande novidade da Feira Franca 2015, pero non a única. Haberá unha maior partipación de xente e ambientación adicional na Recreación do transporte do viño, que organiza a Asociación Recriativa de Xeve e Art Monium pola ruta habitual: Santa Clara, Sarmiento, Pasantería, praza de A Ferrería e A Peregrina.
Pola súa banda, o Gran Torneo Medieval traerá algúns cambios na estética e no formato xa que muda a compañía que o representa. “Por primeira vez será unha empresa galega a que se faga cargo do espectáculo, Hípica Celta”, sinala a concelleira de Festas.
A cidade ultima os preparativos da Feira Franca. Bombeiros e técnicos de Viaqua revisaron os hidrantes do ámbito territorial da festa – casco histórico, Alameda e contorna-, a montaxe da escenografía vai avanzando e as reservas de mesas e espazos xa están cumprimentados. Autorizáronse 250 xantares e ceas na rúa a particulares, e 140 a hostaleiros.
Operativo especial Feira Franca
Os próximos venres e sábado, 4 e 5 de setembro, celebrase en Pontevedra a Feira Franca e que si ben circunscríbese ao Centro Histórico, xera un importante tránsito de persoas e vehículos que afecta a toda á cidade, especialmente as entradas e saídas.
O Concello de Pontevedra organizou un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os inconvintes que a acarrexan este evento. Nel participarán membros da Policía Local; Protección Civil, Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o espazo público estea nas mellores condicións de uso para a cidadanía.
Ante a hipóetesi dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello de Pontevedra solicita a colaboración cidadán á vez que fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios (Mollabao; Pavillón de Deportes e explanada do Recinto Feiral) e o solicita especialmente aos veciños e veciñas de Pontevedra que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible.
O operativo de tráfico conleva unha serie de medidas coma a restricción de aparcamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados
O operativo leva aparellado o peche das rúas do centro histórico da cidade, o entorno da Praza de Toros.











