publicidade hoxe

A exposición ‘O fabuloso mundo do Mago Romarís’ atraeu numeroso público ao Centro Cultural de Sigüeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Público asistente á exposición

Público asistente á exposición

Numeroso público achegouse durante a pasada tarde ata o Centro Cultural Casas e Novoa de Sigüeiro para coñecer a exposición ‘O fabuloso mundo do Mago Romarís’. Trátase dunha mostra con corenta ilusións ópticas, coas que o público puido interactuar e sorprenderse. Por exemplo, unha fonte que dá a impresión de que nace no aire ou un cadro que se ve distinto a través da cámara do móbil.

Ademais, tamén dentro da programación da Semana Cultural 2015 do Concello de Oroso, o curso de iniciación á astronomía que se desenvolveu polas mañás entre o martes e o xoves concluíu a pasada noite cunha sesión de observación astronómica. Aínda que non choveu, esta actividade viuse condicionada polo frío, pero non lle restou afluencia de participantes. No exterior da piscina municipal, utilizaron telescopios portátiles para observar o firmamento seguindo as indicacións dos monitores especialistas.

4 de setembro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.