A Escola de Porteiros MFS abre as súas portas para o novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

A Escola de Porteiros MFS prepara o inicio da nova temporada que comezará a vindeira semana. Por segundo ano consecutivo, a Escola MFS quere formar a porteiros de fútbol sala con adestramentos específicos e traballo dirixido individualmente cos gardametas.

O plazo de inscripción abre esta semana e a partir da vindeira semana comezarán os adestramentos que, durante dúas semanas, serán de portas abertas para todos os interesados, de 6 anos en adiante, que queiran probar e coñecer os métodos de traballo da Escola.

Os adestramentos terán lugar os luns e os xoves en horario de 20h a 21h no Pavillón do IES As Fontiñas. Número de contacto para consultas e inscripcións: 636 873 882

9 de setembro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.