A Escola de Cantería da Deputación instala o cruceiro en homenaxe á Garda Civil de Pontevedra

Traballos de instalación do cruceiro
A Escola de Cantería da Deputación instalou con éxito, na comandancia da Garda Civil de Pontevedra, o cruceiro elaborado polos alumnos do centro, doado á Benemérita en homenaxe ós servizos prestados á provincia.
O cruceiro consta dunha cruz, de 1,45 x 0,90 x 0,12 m, con dúas imaxes nun só bloque, a dianteira de cristal e a traseira da Virxe Peregrina; un capitel ornamentado, de 0,50 x 0,50 x 0,45 m; e unha vara ou fuste, de 0,22 x 0,22 x 2,50 m, con dúas imaxes, unha de Santiago Peregrino e a outra da Virxe do Pilar. Tamén ten un dado, de 0,60 x 0,60 x 0,65 m, cos escudos da Deputación de Pontevedra, de Galicia e da propia Garda Civil, ademais dunha inscrición conmemorativa e dunha fiada de pasos que forman unha plataforma de 1,10 x 1,10 x 0,25 m.
De entre o grupo de alumnos que elaborou o cruceiro, durante o seu traballo na Escola de Cantería, Rodrigo García Giráldez encargouse da cruz, Álvaro Somoza López da vara e do capitel e Víctor Manuel Otero Sanjorge do dado. Outro grupo de alumnos traballou na realización dos pasos.
Nos próximos días tamén se instalará o monólito que completa a homenaxe da Deputación de Pontevedra. A inauguración destes elementos, cruceiro e monólito, está prevista para o 12 de outubro.











