A edil de Facenda da Coruña reuniuse coas súas homólogas de Ferrol e Santiago para analizar como conseguir unha tributación máis xusta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Reunión das tres edís

Reunión das tres edís

A concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, reuniuse no día de onte coas súas homólogas nos concellos de Santiago e de Ferrol, María Rozas e Eugenia Freire, respectivamente. A xuntanza serviu para que as tres edís puxesen en común o traballo que están abordando dende os seus municipios para “tratar de acadar unha tributación local máis xusta e programática, máis alá das limitacións da Lei de Facendas Locais”.

Vieito comentou a importancia deste tipo de encontros. “Son fundamentais xa que non só son unha forma de potenciar o traballo municipal, senón que tamén serve para que uns concellos aprendan das experiencias dos outros e viceversa”. Na reunión, as tres concelleiras analizaron polo miúdo o estado económico de cada concello. “Falamos especialmente de como estaban as ordenanzas fiscais de cada municipio neste momento e cales eran as perspectivas de mellora”, comentou a concelleira, que enumerou, que, entre outros, falouse da rebaixa das taxas da auga, do IBI, o Imposto de Actividades Económicas ou o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

Os concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, xunto aos de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Alacante e Badalona firmaron a pasada semana un manifesto conxunto chamado ‘A Declaración de Zaragoza’ na que lle reclaman ao Goberno central unha “reforma de todo o sistema tributario nas administracións locais”.

25 de setembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.