A Deputación de Pontevedra concede 6.550 euros de axuda para clubes deportivos de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares, deu hoxe conta das axudas que vén de conceder a Deputación de Pontevedra para a promoción do deporte base en Lalín. En virtude destas axudas, destinaranse máis de 6.500 euros a apoiar a actividade nove clubs deportivos da vila.

Desa cantidade,  a Escola de Fútbol de Lalín recibirá 1.200 euros, o Club Escudería Lalín-Deza recibirá 962 e o Club Balonmán Deza recibirá unha achega de 830 euros. Tamén se van ver beneficiados por estas subvencións o Alambike Club Cicloturista (725 euros), Móvete Na Moto (659 euros), Escola de Xadrez de Lalín (659 euros), Club Escola Atletismo Deza (632 euros) e Club Sobre Rodas (539 euros) e Asociación Cabaleiros Deza (329 euros).

O tenente de alcalde salientou a aposta polo deporte de base e a gran variedade de disciplinas que van recibir axudas, pasando polo fútbol, o ciclismo, o xadrez, a hípica ou o balonmán. Nicolás González Casares tamén anunciou que “en breves días daremos conta da valoración das solicitudes das axudas aos clubs deportivos de Lalín por un importe total de 60 mil euros”.

1 de setembro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.