A Deputación de Lugo informa do corte da estrada provincial da Marosa para garantir a seguridade no festival Osa do Mar
A Deputación Provincial de Lugo informade que autorizou o corte da estrada provincial LU-P-1510 na zona da praia daMarosa, co obxecto de garantir a seguridade dos asistentes ao Festival Osa doMar. Dende o Servizo de Vías e Obrasda Deputación Provincial explican que a autorización para o corte da vía tenvalidez dende ás 14:00 horas do venres 4 de setembro, ata o día 6 de setembroás 8:00 horas; atendendo deste xeito a unha solicitude do Concello de Burela.
A administración provincial obrigaa que o corte se produza indicándoo cos elementos oportunos, cunha sinal na quese informa da redución da velocidade aos 40 km/h, e coa colocación de carteis aambas marxes da estrada informando do desvío provisional.
Ademais, unha vez finalizado ocorte deberase deixar a vía nas condicións previas, limpa e sen obstáculos ninimpedimentos para a circulación.











