A Deputación da Coruña apoia o XXIX Concurso Internacional de piano “Cidade de Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrol
A-
A+

O deputado de Cultura, Xosé Regueira e o responsable da área no Concello de Ferrol, Bruno Díaz Doce, asinaron un convenio polo que a Deputación da Coruña se compromete a colaborar no desenvolvemento do XXIX Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, que terá lugar do 20 ao 27 de novembro. Na mesma sesión, o organismo provincial confirmou o seu apoio ao ciclo “A música da Ilustración”.

A Deputación da Coruña, a través do responsable da área de Cultura, Xosé Regueira, asinou o convenio co Concello de Ferrol polo que se compromete a apoiar a realización do XXIX Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, que se desenvolverá dos días 20 a 27 do vindeiro mes de novembro. A achega será 17.000 € para a organización da iniciativa que chega a súa vixesimonovena edición, convertido xa no máis antigo dos que se celebran na Galicia e consolidado como encontro de pianistas de todo o mundo, de formación para futuros profesionais ademais de ser un programa cultural aberto ao público.

No acto, os representantes das dúas institucións aproveitaron para rubricar tamén o convenio para a realización do ciclo “A música da Ilustración 2015”, o programa de concertos que busca difundir a música dunha época relevante para a historia da cidade para o que a Deputación aporta 28.000 €.

29 de setembro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.