A delegada territorial da Xunta na Coruña recibe ao capitán de navío Fernando Luís Álvarez

Belén do Campo na reunión co capitán de navío Fernando Luis Álvarez
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo hoxe no seu despacho do edificio administrativo de Monelos a primeira reunión de traballo co novo comandante das unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol, o capitán de navío Fernando Luís Álvarez, que substitúe no cargo ao tamén capitán de navío, Ignacio Frutos. No encontro, ambos manifestaron a súa disposición a estreitar a colaboración entre as dúas institucións que representan.
O comandante da Forza de Acción Marítima é o mando orgánico dos patrulleiros, remolcadores e unidades auxiliares con base de estacionamento en Galicia e da unidade de mergulladores de Ferrol. Así mesmo, desenvolve os cometidos de comandante naval para a zona de Ferrol e A Coruña.











