A D.O. Rías Baixas recibirá a visita de 5 prescriptores xaponeses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Cinco prescriptores xaponeses participarán desde mañá nunha misión inversa na Denominación de Orixe Rías Baixas. A primeira das actividades do intenso programa comprende unha cata de 20 marcas de viños. Esta desenvolverase mañá, martes 15 de setembro, no Pazo de Mugartegui. Os cinco prescriptores recibirán, así mesmo, unha breve charla sobre as principais características desta denominación e dos seus viños.

Desde mañá e até o xoves, os asistentes terán a oportunidade de visitar oito adegas das subzonas de Val do Salnés, O Rosal e Condado de Tea nun dos momentos cruciais do ano. Así mesmo, coñecerán de primeira man a elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Participantes na misión inversa

O grupo de cinco prescriptores xaponeses conta coa presenza de Manabu Saito, que é o encargado de vendas de viños e licores da empresa Tokyu Department Store Co. Ademais, é un catador acreditado pola Asociación de Catadoras de Xapón. 

Tamén certificado pola Asociación de Catadoras xaponesa atópase Harue Shirahama, cuxa profesionalidade está certificada pola Associazione Italiana Sommeliers. Traballa no departamento de vendas de Takashimaya Department Store Co. 

Yui Higashikoba exerce como asistente de compras de viño no departamento de produto. Traballa para a empresa Mistukoshi Isetan Department Store Co. 

Do mundo da docencia procede Chisako Morimoto, tamén profesional da Asociación de Catadoras de Xapón. É docente na Academy du vin, o centro de formación de viños máis famoso do país nipón. 

Complétase esta misión inversa coa analista do mercado da alimentación e agricultura Chieko Konagaya. Desenvolve o seu labor profesional na oficina económica e comercial da Embaixada de España en Tokio.

14 de setembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.