A Coruña e outros seis concellos asinan un manifesto contra as normas fiscais de Montoro
O Concello da Coruña e municipios de Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Alicante e Badalona asinaron esta mesma tarde unha declaración conxunta na que lamentan as normas fiscais aplicadas polo Goberno central e en concreto polo Ministerio de Facenda de Cristóbal Montoro e demandan a reforma “de todo o sistema tributario das administracións locais” coa fin de garantir “unha Lei de Financiación dos concellos suficiente e sostible con criterios de progresividade e xustiza social, así como de sustentabilidade medioambiental.
Ademais, os concellos asinantes da chamada Declaración de Zaragoza, tamén piden a modificación da Lei de Estabilidade Orzamentaria e de Sostenibilidade Financiira para que “as necesidades sociais non estén subordinadas aos plans económicofinancieiros de reequilibrio previstos na citada lei”.
A Coruña e o conxunto de municipios asinantes deste manifesto sosteñen que os concellos “son as institucións máis cercanas á cidadanía e, á vez, as que máis competencias asumen”. “A pesar disto, son as administracións que menos asegurada teñen a súa financiación, no marco dun sistema xurídico inxusto, discriminatorio e insuficiente”.











