A Coruña celebra a sétima edición da “Volta ao Cole Solidaria” de Carrefour e Cruz Vermella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Os próximos días 4 e 5 de setembro, A Coruña acollerá a sétima edición da “Volta ao Cole Solidaria”, unha iniciativa impulsada pola Fundación Solidariedade Carrefour en colaboración con Cruz Vermella Española.

O obxectivo desta iniciativa, que se celebrará en 171 hipermercados e centros Carrefour de 43 provincias españolas, é reducir o impacto que supón a adquisición de material escolar para as familias que atravesan por dificultades económicas. 

O compromiso de Carrefour será a doazón directa de material escolar por valor de 121.000 euros, cos que se espera dar cobertura a 6.000 nenos en situación de emerxencia social de toda España, que se sumarán á cantidade entregada polos cidadáns. 

Grazas aos seus clientes, a compañía espera superar a cifra de beneficiarios alcanzada en edicións anteriores e poder repartir o material escolar entre máis de 25.000 nenos e nenas en risco de exclusión, 1.200 deles na provincia da Coruña. 

Os hipermercados Carrefour da provincia que participan neste programa son: Coristanco, Alfonso Molina, Os Rosales, Oleiros, Ferrol e Santiago (As Cancelas). En todos eles instalarase unha mesa atendida por 90 voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Española que recollerán o material escolar (lapis, bolígrafos, cadernos, rotuladores, etc.) que doen os cidadáns. 

Unha vez concluída a recollida, Cruz Vermella A Coruñase encargará de distribuír o material escolar entre menores e mozos en situación de vulnerabilidade da provincia. 

Na pasada edición da “Volta ao Cole Solidaria”, recadouse material escolar por valor de 15.600€ na provincia da Coruña; a nivel nacional, a iniciativa da Fundación Solidariedade Carrefour entregou a Cruz Vermella Española material escolar por valor de 492.015euros.

2 de setembro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.