A conselleira de Medio Rural desprázase a Lugo para reunirse cos gandeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, viaxa na tarde deste venres até a cidade de Lugo para reunirse cos gandeiros que permanecen nas inmediacións da muralla romana e que reclamaron a súa presenza para levantar a protesta iniciada o pasado xoves. Diso informaron fontes de Medio Rural, que sinalan que o encontro se realizará na Subdelegación da Xunta en Lugo, a partir das 19,30 ou 20,00 horas.

Centos de tractores rodean este venres por segundo día consecutivo a muralla romana de Lugo e manteñen así a mobilización convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo pero á marxe das organizacións agrarias, que deron por concluída a mobilización na tarde do xoves.

Os que este venres manteñen a protesta son gandeiros que espontaneamente decidiron ter os seus tractores na Rolda da Muralla. Tras unha asemblea celebrada este venres acordaron quedar ata que os reciba a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, polo que se prevé que a mobilización finalice unha vez que se reúnan coa titular do departamento.

4 de setembro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.