A Concellería de Participación presentará as súas liñas de traballo nun acto aberto a toda a cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellería de Participación e Innovación do Concello da Coruña presentará este xoves, nun acto no teatro Rosalía que arrincará ás 19.30 horas, as liñas de actuación que porá en marcha neste mandato municipal. A presentación estará marcada pola pluralidade, e será aberta ao público: á cidadanía en xeral, ás distintas entidades sociais e a todos os grupos da Corporación municipal. Na mesma intervirán a concelleira de Participación, Claudia Delso, así como o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Renexeración Urbana, Xiao Varela.

Delso explicou que, “na busca de que as liñas de actuación da súa concellería cheguen á maior parte da poboación posible, dende o Goberno local convidouse a todo tecido asociativo da cidade, de distintos ámbitos, a acudir ao acto do Rosalía”. Está prevista a asistencia, ademais, de representantes da Universidade da Coruña (UDC) e de varios concellos, entre eles Ferrol e Santiago.

A concelleira explica que no acto de mañá xoves presentarase a “ Porta Aberta , o nome global que se lle dará aos diversos procesos que se activarán na cidade neste ámbito”. O primeiro deles terá que ver coa organización da cidade en distritos, “órganos de especial relevancia para a creación dos futuros orzamentos participativos”.

16 de setembro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.