A concelleira de turismo de Bueu traballará na mellora das rutas de sendeirismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Na mañá de onte, a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Silvia Carballo, reuniuse coas técnicas da Oficina de Turismo e do Departamento de Desenvolvemento Local para facer un balance do que foi o verán e atender as suxestións recollidas para comezar a traballar xa nas liñas de mellora.

Así, un dos obxectivos principais será a subsanación dos problemas de sinalización que existen nas principais rutas de sendeirismo ofertadas polo Concello. Tal e como se tratou na reunión, vaise mellorar a sinalización e a limpeza dos camiños habilitados, para así ofrecer un servizo de rutas completo.

Así mesmo, Carballo aproveita para lembrar á cidadanía que “seguimos á súa disposición para seguir recollendo todas as propostas de mellora”. Turismo de Bueu proponse avanzar tras un verán con récord de visitantes dos últimos tres anos: 6.186 persoas.

O Concello de Bueu é dos poucos da contorna que ofrece rutas de sendeirismo sen custe para os participantes, e as rutas das que puideron gozar este verán foron a dos Pazos, a dos Abades I e II, a dos Muíños, a de Cabo Udra ou a de Ermelo.

24 de setembro de 2015 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.