A concelleira de Economía e Facenda continúa a rolda de negociacións coas entidades bancarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Continúa a rolda de negociacións que a concellaría de Economía e Facenda está a realizar coas entidades bancarias que teñen sede en Ames co obxectivo de acadar unha operación de reestruturación da débeda do Concello. Esta semana, a concelleira, Genma Otero, acompañada do interventor, José Antonio Rueda, e da tesoureira municipal, Belén Rodríguez Tourón, reuníronse con representantes do Banco Sabadell e de La Caixa. As xuntanzas continuarán ata ter falado con todas as entidades que teñen sede no concello de Ames.

O Goberno amesáns está a elaborar un estudo pormenorizado da débeda coa fin de reestruturar e renegociar esta débeda para conseguir mellores condicións de financiamento. Con esta toma de contacto o que se pretende é convidar a todas as entidades bancarias que teñen presenza no Concello de Ames para que poidan participar desta operación.

Agora só queda reunirse co Banco Santander para finalizar esta rolda de contactos.

A Concelleira manifesta que todas as entidades agradecen a invitación e amosan o seu interese en participar na operación que se está a estudar.

17 de setembro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.