publicidade hoxe

A biblioteca municipal do Grove mellora as súas cifras no verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A biblioteca municipal do Grove segue a consolidarse como espazo cultural de proximidade e como centro de información, proba diso é que, durante os meses de verán recibiu 2.500 visitas, expediu 63 novos carnés – superando os 4.060 socios – e experimentou un incremento do 27% no número de préstitos realizados, que pasaron de 1.616 no verán de 2014 á 2.055 no 2015.

Deste xeito, ademais da poboación da vila, cada vez son máis os turistas que se achegan no verán á biblioteca municipal co fin de facer uso das instalacións e servizos, traballar nos ordenadores, buscar información, ler os xornais ou pasar momentos de lecer. Moitos visitantes que adoitan pasar as súas vacacións no Grove xa son socios e socias da Rede de Bibliotecas dende hai anos, pero este verán produciuse un importante incremento de novos usuarios, sobre todo familias, que se achegaban ata a biblioteca guiados polas recomendacións de veciños ou amigos.

Os servizos máis demandados durante os meses de verán foron o préstito de documentos, a zona infantil e de “bebeteca”, o servizo de referencia, a utilización de ordenadores e o uso público de ordenadores e de wifi. A grande demanda da biblioteca garda relación directa co traballo continuo de actualización e adaptación ás necesidades cambiantes e as demandas da poboación que o persoal da biblioteca leva anos desenvolvemento.

Promoción da lectura 

Ademais dos bos datos deste servizo, a biblioteca municipal continuou coas súas actividades de promoción da lectura na época estival. As maletas viaxeiras, as visitas guiadas, os contacontos e actividades de dinamización e animación á lectura para a Escola de Verán e outros grupos de escolares. 

Todos estes elementos conforman un servizo de biblioteca municipal que responde o actual modelo de xestión: biblioteca integrada na comunidade de usuarios ós que atende, produtora, provedora e democratizadora da información, espazo de formación, punto de encontro e espazo cultural.

2 de setembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.