A Banda Unión Musical de Tenorio celebra cun festival o seu XXX Aniversario
A Banda Unión Musical de Tenorio, viste as súas mellores galas para celebrar o seu XXX aniversario. Para conmemorar o evento prepararon dous días de celebración onde a música, a comida e o reencontro festexarán durante este fin semana todos os participantes, acompañantes, veciños invitados e exmembros achegados ata o Adro de Tenorio.
O día 26 comezará a celebración coa Gran Verbena de Bandas ás 21:30 onde actuarán as Bandas da Unión Musical de Tenorio, a Banda Municipal de Silleda,e a Banda Popular de Muimenta, pechará a verbena o grupo musical Nueva Era.
O día 27 Terá lugar a Xuntanza de excompoñentes e amigos, comezará a xornada ás 11:30 cunha misa em recordó dos músicos, socios e fundadores falecidos.
E as 13:30 horas servirase unha comida de fraternidade.