A Banda de Lalín pecha os Concertos na Rúa cunha actuación o sábado xunto á estatua de Loriga
A Banda de Lalín ofrecerá un concerto o sábado 5 de setembro, ás 20:30 h. na xunto á estatua de Loriga para dar peche aos Concertos na Rúa que se veñen celebrando dentro da programación do Bule Lalín, que se inauguraron precisamente coa actuación da Banda Xuvenil. O concerto estará dirixido por José Luis Taboada Areán e estará conformado por unha selección de música española e fundamentalmente galega na que terán especial protagonismo novos compositores galegos, algúns deles da comarca, ben queridos por todos como David Fiuza, Daniel Costa ou Juan Lois.
O programa comezará con Ponteareas, de Reveriano Soutullo, para continuar con Cançons de Mare, de Rafael Taléns; o pasodobre Bagaxes, de Carlos Rodríguez; Mont Serrat, de Ferrer Ferrán; Tres Imaxes de Mudga, de David Fiuza; A Rafael, de Daniel Costa e a Muiñeira das Insúas de Gres, de Juan Lois. Un esixente e atractivo repertorio para venerar un dos puntos emblemáticos da nosa vila como é a estatua de Loriga, un lugar no que tradicionalmente as bandas do concello sempre se facían unha foto e que nesta ocasión se encherá de sons e ledicia.
O momento de máxima emoción chegará coa interpretación do pasodobre A Rafael, composto en homenaxe ao recentemente finado músico da Banda Rafael Cuñarro. Esta obra, composta por Daniel Costa e estreada no pasado mes de xuño, reflicte algunhas das sonoridades e ritmos cos que máis desfrutaba Rafael e pretende ser unha lembranza viva da súa bondade e grandeza.
Como colofón, a Banda de Lalín desfilará desde a estatua de Loriga ata o km 0 para tocar xunto aos pasos de peóns de Luís Areán e Tuno Valdés, flanqueada así por dous dos seus máis grandes valedores,











