A autopsia confirma que a morte dun bebé nun hotel de Santiago non foi accidental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

O informe preliminar da autopsia realizada ao bebé que morreu na tarde do luns nun hotel de Santiago confirma que a morte non foi accidental, segundo informou este martes a última hora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Debido a este suceso, acontecido nun hotel do compostelano barrio de San Lázaro, a nai permanece detida policialmente no hospital ao que foi trasladado tras os feitos.

Dende entón encargouse do caso o Xulgado de Instrución número 1 da capital galega. O Imelga (instituto de medicina legal de Galicia) encargouse da autopsia do bebé, de cuxo resultado preliminar deu traslado á xuíza.

Na mañá deste martes, en declaracións recollidas por varias televisións, un home que se presentou como o pai da menor relatou que na xornada do luns mantivera unha discusión coa nai da nena acerca do estado da menor, tras o cal el abandonou o hotel para acudir á Misa do Peregrino na Catedral compostelana.

1 de setembro de 2015 | 21:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.