A aula de cociña do Centro Comercial Arousa estrea a programación de outono
O Centro Comercial Arousa inaugura a nova programación de outono da aula de Cociña cun novo ciclo de talleres gratuítos enfocados a sacarlle o máximo partido aos robots de cociña. Dirixidos polas vilagarciás Maribel Fernández e Geni Longa e de periodicidade mensual, os cursos celebraranse o último mércores de cada mes, a partir das 17:30 h, e neles ensinaranse trucos, técnicas e receitas prácticas e sinxelas. En cada taller proporanse cinco elaboracións que formarán un menú completo composto por un primeiro prato, un segundo, unha sobremesa e unha bebida.
Educar o padal dos máis pequenos para que aprendan a comer e gozar das froitas e verduras e incorporalas á súa dieta diaria sen que isto se converta nun drama, será o obxectivo do primeiro taller, que terá lugar o vindeiro mércores 30 de setembro.
Con este fin, Fernández e Longa guiarán aos asistentes na preparación dun smoothie de piña e laranxa con aroma de xenxibre, crema de allos porros e pera con xamón pastel de verduras, muffins de brócoli e fuet e croquetas de verduras e queixo manchego.
Os seguintes talleres estarán dedicados á cociña de outono (28 de outubro), arroces caldosos (25 de novembro) e cociña de Nadal (16 de decembro).
As receitas estarán dispoñibles, unha vez finalizada cada sesión, na páxina web do centro www.ccarousa.com.











