A asociación veciñal de Chan do Bosque celebra as súas Xonadas Culturais anuais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Veciños Chan do Bosque de Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, celebra como cada ano as súas Xornadas Culturais que darán comezo o vindeiro venres, día 18 de setembro,  coa apertura dunha exposición de labores.

O sábado 19 de setembro permanecerá tamén aberta ó público a mostra de labores e ás 21.00 horas empezará o Concurso de Tortillas de adultos con premios ó mellor sabor, mellor presentación e maior orixinalidade. Este mesmo concurso organizarase tamén para nenos e nenas, con premio sorpresa para os tres primeiros clasificados. Tras os concursos poderanse degustar as tortillas participantes con ourella, e tamén haberá chouripán a prezos populares. Ás 22.00 horas iniciarase a actuación musical do grupo folk Algarabía seguido da agrupación Amieiro. As actividades deste día remataranse cun bingo.

O domingo día 20 ás 10.30 horas da mañá oficiarase unha Misa Cantada pola Coral O Son dos Cantares no local social da Asociación por tódolos socios e veciños. De seguido haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xógara.

Ás 12.00 horas celebrarase a Misa Solemne na Capela das Angustias e logo animación musical por parte do grupo Trío M3. Ás 13.00 horas realizarase unha subasta de prantas e productos da terra con premios para as tres prantas máis orixinais. Ás 14.00 horas comezará a comida de confraternidade composta de paella e churrasco cun prezo de 10 euros por persoa sen bebida. Os interesados en asistir a este xantar poderán facer a súa reserva ata o xoves 17 de setembro chamando ós teléfonos 669307786 e 690159172. 

Pola tarde, a partir das 19.00 horas, actuará o dúo Canta-Mos, gañadores do concurso de novos talentos do Porriño.

14 de setembro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.