A Asociación Retrouso organiza a ‘Retrousada en Chans’ este domingo
A Asociación Cultural Retrouso de Cela organiza este domingo una “Retrousada en Chans”. Un evento de confraternización no que se busca “aplicar de xeito informal o aprendido nas Escolas Retrouso ao longo do ano”, segundo a coordinadora das Escolas Retrouso, Débora Pena.
A Retrousada en Chans arrincará ao mediodía, con xogos musicais liderados polos profesores das escolas da asociación. Despois pararase para comer nas mesas da área recreativa e, de sobremesa, os alumnos das escolas colleran os instrumentos para cantar, tocar e bailar.
“A idea naceu como una xornada de confraternización dos membros das escolas”, explica Débora Pena, “pero medrou cara a una xornada aberta aos seus familiares, amigos, a calquera que lle apeteza unirse aos xogos, a comer connosco ou a tocar o escoitar a nosa música”.
Son os asistentes os que levan a súa propia comida, polo que o único que piden desde a organización é que os que pensen asistir avisen a algún membro de Retrouso (647 607 467 ou info@retrouso.com), para poder prever a asistencia e organizar do mellor xeito posible a xornada.
Lembrando o Chanscontro
Non é a primeira vez que Retrouso organiza eventos na área recreativa de Chans. Hai case 10 anos, a asociación organizou en Chans o seu festival principal do ano, en xullo, ampliado a xornadas completas de actividades no contorno, e coñecido como Chanscontro.











