publicidade hoxe

A asociación de Mulleres “Nos Mesmas” organiza unha excursión para coñecer a provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

A asociación de mulleres rurais “Nos Mesmas, a través do Concello de Cerdedo e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza unha excursión a Cangas, Cabo Home, Santo André de Hío e Costa de Soavella dentro do programa “Coñece a túa provincia”.

A viaxe será o domingo 27 de setembro con saída ás 9.30 h. da Rúa da Constitución, en Cerdedo. O prezo será de 12 euros para adultos con comida incluída, mentres que os menores de 9 anos aboarán 8 euros.

Os interesados poderán anotarse nas oficinas do Concello antes do 21 de setembro. Prazas limitadas. 

4 de setembro de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.