publicidade hoxe

A asociación de fabricantes e comerciantes do moble da Estrada reparte os primeiros vales de compra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Tras un animado e concurrido fin de semana, o recinto feiral estradense, recupera a normalidade. O público coa súa presenza, avala unha edición máis a mostra o que anima a todas as firmas presentes e mesmamente ao equipo organizativo. Os contactos, sucedíanse a bon ritmo perante as xornadas vespertinas do sábado e o domingo, en tanto que, as transaccións comerciais, como ven sendo tradicional, péchanse preferentemente entre semana xa que, o comprador fuxe das aglomeracións da fin de semana para obter unha atención máis persoal e individualizada.

O equipo organizativo e as firmas presentes, perciben na tendencia do consumidor final un lixeiro optimismo, sendo máis proclives a realizar algún tipo de compra directa ou ben a interesarse polo producto exposto.

Na xornada do domingo, coincidindo co peche do recinto ao público, tiña lugar o primeiro sorteo de dous vales de compra por importe de cincocentos euros, patrocinados pola Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada. Os primeiros agraciados foron Maritza Sangiao Camoira da Estrada e Rafael Fernández de Ribeira. Os agraciados poden canxear os vales perante a celebración da Feira ou ben antes de trancurrir un mes dende o remate do certame.

O mobiliario doméstico e os complementos é o que centra maioritariamente o interese do público visitante. Dentro do mobiliario doméstico, o que máis interesa son as cocñnas, salóns e dormitorios. No referente aos complementos, o público decántase pola decoración en xeral.

E n torno á Feira Internacional do moble de Galicia, xérase un significativo impacto socioeconómico que reporta beneficios para a economía local, o que supón uns ingresos extraordinarios. A hostelería e as estacións de servizo, son as que saen mais beneficiadas.

Noutro orde de cousas, hoxe terá lugar unha charla informativa a cerca dos “Instrumentos de financiación para as PEMES galegas”. Esta charla conta co patrocinio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), adscrito á Consellería de Economía e Industria.

A ponencia dará comezo ás once horas e estará impartida polo Subdirector de Información do IGAPE, Curro López Martínez e terá unha duración aproximada dunha hora.

O recinto feiral, continúa coa súa actividade en horario ininterrumpido de once a vinteunha horas e prepárase para afrontar a recta final e acoller a todos os visitantes que estos días recalen no recinto feiral estradense.

21 de setembro de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.