A asemblea do Consello Consultivo do Deporte renova directiva e representantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O seminario do recinto multiusos de Fexdega acolle mañá as dúas asembleas extraordinarios convocadas polo Consello Consultivo do Deporte a efectos de elixir nova directiva e renovar a súa representación no Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes. Asociacións veciñais, clubs e entidades deportivas Anpas e Xefes dos Departamentos de Educación Físicas dos centros educativos do municipio foron convocados ás reunións que se celebrarán de xeito consecutivo ás 20:00 e 20:30 horas.

O Consello Consultivo do Deporte é un órgano creado para promover a participación de tódolos sectores implicados na práctica deportiva no municipio. Tratase dun órgano independente da Fundación, que dirixirán os seus propios membros e que terá total liberdade. Ademais, o Consello Consultivo estará representado no Consello Reitor da Fundación cos cinco representantes que a asemblea elixirá mañá conforme ás candidaturas presentadas en tempo e forma.

As oito da tarde, en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda, comezará a primeira asemblea extraordinaria do día, de carácter formal como procede ao remate de cada período. O aínda presidente exporá o informe do último período e darase conta do cese da xunta directiva para proceder, a continuación, a conformar a xunta electoral que ordenará o proceso da seguinte xuntanza. Esta dará comezo ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda e a orde do día consiste na elección da xunta directiva, elección de presidente e nomeamento de secretario.

9 de setembro de 2015 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.