publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A área de Deportes do Carballiño inicia o arranxo dos vestiarios do Pabellón Paco Chao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Vista dos vestiarios tras a mellora

Vista dos vestiarios tras a mellora

A área de deportes do concello do Carballiño rematou xa o arranxo do vestiario número un, no que se colocou novo piso con loseta antideslizante, así como a renovación do alicatado. Nestes traballos invertironse uns 3000 euros e, ta y como apuntaba o edil de Deportes Manolo Dacal “marca o inicio dos traballos nesas instalacións deportivas”, onde nos vindeirtos meses procederase a renovación e arranxo do resto de vestiarios, e a limpeza xeral da pista centra do pabellón.

Por outra banda , e tamen dende a área de Deportes, iniciarán nestes días a reposición da recollida de augas na zona dereita do campo municipal da Uceira, onde comprobouse que, por falta dunha boa instalación desta recollida de augas, estabase iniciando o afundimento de parte da zona de xogo.

Nese mesemo campo realizaronse xa no verao os traballos de limpeza, desbroce e reposicion do caucho, en todo o terreo de xogo e zonas limítrofes.

22 de setembro de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.