A alerta laranxa por choiva amplíase cunha nova alerta laranxa por vento na provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento na provincia de Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación galega, ampliase a alerta laranxa vixente por choiva na provincia de de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña, cunha nova alerta laranxa por ventos na provincia de Pontevedra, concretamente no ámbito das Rías Baixas, podendo acadar refachos de vento de ata 100 km/h.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

15 de setembro de 2015 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.