A alcaldesa de Lugo visita aos comerciantes do Street Market

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Lara Méndez na visita ao Street Market

Lara Méndez na visita ao Street Market

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, visitaron esta mañá os postos da VII edición do mercado Comercio na Rúa Street Market, que acollen 19 rúas da cidade hoxe de 10:30 a 20:30 horas de xeito ininterrumpido. Trátase dun mercadiño no que participan preto de 80 establecementos que ofrecen descontos de ata o 80% nun amplo catálogo de produtos, dende téxtil, calzado ou complementos, ata xoias ou lentes ópticas.

O Concello colabora con esta iniciativa, posto que se enmarca na súa aposta por impulsar o comerio, un sector estratéxico para o municipio, na que máis do 80% das empresas pertencen ao sector servizos. 

4 de setembro de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.