A Alameda de Ordes acolle a feira de artesanía ‘El poblado de la igualdad’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Feira de artesanía

Feira de artesanía

Dende hoxe e ata o vindeiro domingo, 27 de setembro, a Alameda de Ordes servirá de escenario para levar a cabo a feira de artesanía ‘El poblado de la igualdad’. Unha iniciativa que neste primeiro día xuntou a un bo número de menores, en moitos casos acompañados por adultos, que pasaron unha tarde do máis divertida e especial. Desenvolvida dende o CIM da Mancomunidade de Ordes o principal obxectivo desta iniciativa é que os nenos e nenas poidan aprender relacións igualitarias a través de obradoiros, xogos e actividades innovadoras. Todo isto mesturando diversión, enxeño, amizade e concienciación dun xeito moi orixinal e innovador. Concretamente vai dirixido a quen teña unha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos, aínda que tamén poderán participar os que teñan unha idade próxima así como os seus familiares e coidadores.

De cara aos vindeiros días as xornadas desenvolveranse nun horario que vai de 11 a 13 horas e de 17 a 20.30 horas. Teatro; xincanas; deconstrución de relatos e contos; xogos cooperativos pola paz e para e para fomentar a convivencia serán algunhas das actividades nas que se poderán participar de balde.

 

25 de setembro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.