publicidade hoxe

A Agasp celebra na Estrada unha xornada sobre a resposta á contaminación mariña accidental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e interior, Luis Menor, inaugurou esta mañá na Academia Galega de Seguridade Pública unha xornada técnica sobre “Resposta á contaminación mariña accidental por substancias nocivas potencialmente perigosas”.

O director xeral subliñou a importancia desta xornada na que se abordará o Sistema nacional de resposta, o Plan Territorial de Galicia e plans locais, a información xerada polo proxecto Arcopol Platform de utilidades na loita contra a contaminación mariña accidental; así como a identificación das substancias nocivas potencialmente perigosas máis frecuentemente transportadas por mar.

A xornada estivo organizada pola AGASP, dentro da súa planificación en emerxencias, e contou con poñentes de recoñecido prestixio e especialistas na materia como a xefa da Unidade de Documentación e Apoio Científico do Intecmar, Garbiñe Ayensa, e o bombeiro de Santiago de Compostela, Miguel Arca.

O curso contou con 90 alumnos inscritos, entre persoal procedente do Servizo de Gardacostas de Galicia, do partenariado do proxecto ARCOPOL Platform, Voluntarios de Protección Civil, Grupos de Emerxencias Supraminucipais e Bombeiros de Galicia. Na clausura os asistentes recibiron o correspondente diploma.

29 de setembro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.