A AECC Ordes celebra o 18 de outubro a súa V Comida Baile Solidaria
A AECC Ordes ten organizada para o próximo 18 de outubro (domingo), a V Comida Baile Solidaria. Terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, ás 14.30 horas. As entradas para poder asistir xa están á venda tanto no mesmo restaurante como no bar Salón, na mesma vila de Ordes.
No acto levarase a cabo o sorteo de agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Ademais tamén haberá un servizo gratuíto de autobuses que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Álvarez.











