publicidade hoxe

A AECC de Ourense informa do prazo para as novas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Barco de ValdeorrasOurense
A-
A+

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense informa que está aberto o prazo de inscrición para a participación en actividades en Ourense e no Barco de Valdeorras:

OURENSE:

RELAXACIÓN E MOVILIDADE ARTICULAR: Dous días á semana (luns e xoves en horario de mañá)
PILATES SOBRE MÁQUINAS ADAPTADO: Dous días á semana (mercores e venres en horario de tarde)
CURSOS DE COIDADOS ESTÉTICOS E AUTOMAQUILLAXE: Cursos de dous días de duración.

BARCO DE VALDEORRAS:

AQUAGYM ADAPTADO: Actividade física en piscina climatizada. Un día á semana (mércores en horario de mañá).

O obxectivo de todos estos grupos será proporcionar estratexias de afrontamento e mellorar a sensación de relaxación e benestar xeral das persoas diagnosticadas de cancro que están a tratamento activo médico ou psicosocial, así como de proporcionar un espazo de encontro e axuda mutua.

Estos grupos, en horario de mañá ou de tarde, serán impartidos por especialistas e comezarán a partir de outubro. A participación nas actividades é totalmente gratuita.

Tamén informamos da intención de ampliar con máis actividades nos vindeiros meses, das cales iremos informando. 

As persoas interesadas deben chamar ao teléfono da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense 988 219 300.

15 de setembro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.