XXIX Certame de Poesía Feliciano Rolán no Centro Cultural da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Hoxe, martes 4 de agosto, celébrase no Centro cultural da Guarda o “XXIX Certame de Poesía Feliciano Rolán”. Nesta nova edición, que comezará ás 21,30 horas, os galardoados son, Rocío Leira, de Cee polo seu poema “O último camiño ata nós”, Isaura Lago, veciña de Redondela por “Na noite dos teus ollos” e Eumelia Sanz, de Valladolid, por “Coloquio Sereno”.

Ademais estará presente Alfonso Sergio Barragán, gaditano, que presentará o seu poema “Mentira es nuestro nombre cuando soñamos”.

No evento se contará coa actuación especial do conxunto de clarinetes “Tetramorph”. 

Este certame está organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, co patrocinio do Concello da Guarda e subvencionado pola Comisión de Festas do Monte. 

A entrada é de balde e está aberta a todo o público.

4 de agosto de 2015 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.