“Xoves Animados” de Ribadumia con toro mecánico e animación
O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Concellería de Cultura, e dentro da programación infantil “Os xoves animados”, organiza para este xoves a actividade “toro mecánico e animción”. Coma o resto das actividades,o taller desenvolverase na Praza do Concello, a partir das 19:00 horas e rematará sobre as 22:00.
A entrada á actividade é gratuíta e estará supervisada por monitores e animadores que atenderán a eles e ás súas familias durante o transcurso da mesma.
Con esta actividade inaugurase a programación do mes de agosto; último mes que se celebrarán os xoves animiados antes de que os pequenos retomen o horario escolar.
Por tanto, dende o Concello espérase unha boa acollida por parte das familias, tal e como ven ocurrindo nas actividades xa celebradas, e sobre todo, que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán cunha programación variada e divertida.
Audición de vento e metal da Escola de Música de Ribadumia
Ademais, a Escola de Música de Ribadumia, dará unha audición de vento e metal este xoves ás 20:45 horas na Carballeira de Barrantes. A audición non será nesta ocasión individual, senón que se organizarán por grupos. A entrada é gratuíta, e en caso de que choiva trasladaranse ata a Casa da Cultura de Barrantes.
Esta non será a última actuación a cargo da Escola de Música de Ribadumia neste verán, xa que a organización ten pensado continuar coas actividades durante o mes de agosto.