Vilagarcía acollerá no outono un curso de galego de nivel Celga 2
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa sobre os cursos de lingua galega que vén de convocar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2015 a efectos de preparar ao alumnado de cara á realización das probas para a obtención dos títulos homologados. En Vilagarcía impartirase este outono un curso do nivel Celga 2 ao que os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto ata o día 8 de setembro.
O curso impartirase no IES Armando Cotarelo Valledor do 19 de outubro ao 9 de decembro. As clases celebraranse de luns a venres en horario de tarde-noite, de 20 a 22 horas.
Segundo figuran a convocatoria da Conselle´ria de Educación, as inscricións deberanse realizar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario formalizado e dispoñible no enderezo web sede.xunta.es e na páxina web www.lingua.gal
Non obstante, os interesados tamén poderanse dirixirse ao Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vilagarcía onde s elles informará e axudará a realiza ro trámite por escrito a través do portelo único. Neste caso deberán cubrir unha instancia e achegar unha fotocopia do DNI. Para máis información poden chamar ao teléfono do servizo municipal 986 099 200 extensións 317 ou 319.
Celga 4
Este será o único curso oficial que se celebra en Vilagarcía no que queda dea no. As persoas que x ateñan superado o nivel 2 e 3 dos Celga, terá na oortunidade de asistira o cuso preparatorio do Celga 4 que se impartirá en Cambados nas mesmas datas que o de Vilagarcía.











