Víctor Tasende firmará exemplares do libro “El segundo que cambió mi vida” na feira do libro da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Hoxe cúmprense 10 anos desde aquel 6 de agosto de 2005 cando Víctor Tasende, natural da Coruña, sufriu unha tetraplexia incompleta por un desafortunado accidente. Dez anos de superación persoal que lle serviron para recuperarse da lesión medular máis grave que se pode sufrir grazas á constancia, forza de vontade, disciplina e as ganas de vivir que o levaron a ser recoñecido como “Home do ano” pola revista Men´s Health e a superar algunhas das probas extremas máis duras como os tres Ironman que completou e a Titan Desert (700km en bicicleta durante 6 días polo deserto). Unha actividade incesante que actualmente o mantén enfocado en prepararse o Ultraman que terá lugar por primeira vez en España a finais do mes de outubro.

Un día para compartir unha historia que merece ser escoitada e que relata no seu libro recentemente publicado “El segundo que cambió mi vida”, que estará a asinar hoxe na caseta da libraría Couceiro da feira do libro da Coruña, a partir das 19:00 horas.

6 de agosto de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.