Uns 150 ciclistas participarán na XVIII Marcha Ciclista Ferrolterra este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

Preto de 150 cilistas afeccionados participarán este domingo na XVIII Marcha Ciclista Ferrolterra, que percorrerá 121 kilómetros, con saída e chegada en Ferrol, e percorrido polos municipios de Narón, Valdoviño, As Somozas, Cerdido, Ortigueira, Moeche, San Sadurniño e Cedeira.

A cita deportiva está organizada polo Club Ciclista Ferrolterra, coa colaboración do Concello de Ferrol.

O inicio será ás 9:00 no Pavillón Municipal Deportivo da Malata, dende onde os ciclistas iniciarán unha ruta que lles permitirá percorrer a Costa Ártabra, a Serra da Capelada, a Ría de Ortigueira e os vales de Moeche e Pedroso. A marcha está previsto que finalice no mesmo punto de inicio en torno ás 14:00 horas.

Entregaranse premios para o club máis numeroso, o máis distante, para o participante máis novo e o máis veterano, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén se entregarán premios para os tres mellores ciclistas no tramo libre. 

Ao finalizar a marcha, haberá unha comida no restaurante da Feira de Mostras. 

5 de agosto de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.