publicidade hoxe

Unha vintena de veciñas de Lousame exporán na Casa da Cultura os traballos do curso de corte, confección e patchwork

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este mércores 5 de agosto, ás 20:30 horas, a inauguración da tradicional exposición de labores. Unha mostra na que todos os anos unha vintena de veciñas de Lousame expón unha selección dos mellores traballos realizados durante o ano no Curso de Corte, Confección e Patchwork, organizado polo Concello de Lousame.

Entre o medio cento de pezas que están incluídas na exposición figuran colchas, manteis, coxíns, bolsos, cortinas, toallas, camisetas, zapatillas, vestidos e todo tipo de roupa para bebé. Uns traballos de gran calidade e que, en moitos dos casos, están feitos con materiais reutilizados por parte das veciñas, que lles deron así unha nova vida a esas prendas. A mostra poderá visitarse ata finais de mes na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

3 de agosto de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.