publicidade hoxe

Unha vintena de veciñas de Lousame expoñen na Casa da Cultura os traballos feitos no curso de corte, confección e patchwork

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Apertura da exposición

Apertura da exposición

Unha vintena de veciñas de Lousame expón dende hoxe na Casa da Cultura unha selección dos mellores traballos realizados durante o último ano no Curso de Corte, Confección e Patchwork, organizado polo Concello de Lousame. Unha exposición que foi inaugurada na noite de onte mércores pola concelleira de Ensino e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo Filgueira.

A concelleira, quen desculpou a ausencia da alcaldesa Teresa Villaverde por un motivo familiar grave, explicou que “é un orgullo ter esta exposición en Lousame tanto pola calidade dos traballos que se expoñen como pola súa singularidade, xa que non hai moitos concellos da provincia que fagan algo semellante”. Así mesmo, amosouse convencida de que será unha mostra moi visitada pola veciñanza, que poder disfrutar dela na sala de exposicións da Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata final de mes.

Alumnas 

Pola súa banda, as alumnas agradecéronlle ao Concello de Lousame a organización un ano máis deste Curso de Corte, Confección e Patchwork e aproveitaron para solicitar a compra dunha mesa e dunha prancha para empregar nas clases. Unhas clases que se celebraron no centro de As Landeiras (Merelle) e no local social de Tállara, a razón de dúas horas semanais. 

Entre o medio cento de pezas que están incluídas na exposición figuran colchas, manteis, coxíns, bolsos, camisetas… Incluso unha tartaruga de tea, elaborada por Noelia, a alumna máis nova do curso con tan só 6 anos. Así mesmo, durante a inauguración as alumnas lembraron tamén a figura da compañeira de maior idade do curso, Maruja, falecida o ano pasado.

6 de agosto de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.