Un spot mostrará a cidade de Pontevedra dende a perspectiva dos que sofren discapacidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Casazul, pertencente á concellería de Benestar Social Municipal do concello de Pontevedra continúa co HEFESTO, programa adicado á normalización dos/as veciños e veciñas con discapacidade de Pontevedra. Os vindeiros luns, martes e mércores, vai realizar a gravación dun SPOT sobre a cidade e buscará localizacións dende o punto de vista máis inclusivo.

A gravación busca diferentes espazos e intres polo que se realizará en horario de mañá, de tarde e de noite, aproveitando que estamos nas festas da Peregrina e que o ambiente é totalmente festivo na cidade. 

Este SPOT presentarase por primeira vez o día 3 DE DECEMBRO, día internacional das persoas con discapacidade, ás 20.00 horas no Teatro Principal xunto co making off de todo o acontecido no Hefesto 2015.

7 de agosto de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.