Terror e diversión danse a man na Alameda de Ordes coa obra ‘Piz-Pireta e o seu baúl’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Espectáculo teatral en Ordes

Espectáculo teatral en Ordes

As tardes na Alameda de Ordes énchense de risas, diversión, alegría e moitos nenos e nenas que, acompañados polos seus pais, nais e familiares non se queren perder os espectáculos do programa ‘Unha viaxe pola cultura’. Para todos e todas na tarde de onte o Concello de Ordes tíñalles preparada a representación teatral ‘Piz-Pireta e o seu baúl’. Unha divertidísima historia protagonizada por tres meigas ben peculiares que fixeron escacharse de risa a todo o mundo. Non foi o único entretemento, xa que a mayoría dos asistentes non tardaron en achegarse ata os castelos hinchables. 

4 de agosto de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.