Talleres de manualidades para pasar as mañás de agosto en Culleredo

Talleres de manualidades en Culleredo
O Concello de Culleredo, a través da Biblioteca Municipal, desenvolve actividades alternativas de lecer infantil para estas mañás de agosto. En concreto, os nenos, de 7 a 12 anos de idade, están a participar nunha serie de talleres, onde as manualidades reinan.
A concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela, visitou onte aos pequenos que participan no Burgo, no Conservatorio. Alí puido comprobar o seu afán por pintar chapas, algúns para que se parecesen ao seu superheroe favorito, outros simplemente buscando un toque estético.
Varela destaca que a iniciativa, xunto cos campamentos municipais, persegue ofrecer opcións para que os nenos pasen parte do verán en contacto con outros e aproveiten para aprender técnicas propias da súa idade.
O Concello dispón as actividades entre Vilaboa, na Biblioteca de Vila Melania, e O Burgo, no Conservatorio, dadas as obras que levan a cabo no Edificio de Servizos Múltiples.
Todas as actividades son en horario de 11.00 a 12.00 horas. O programa próximo é o seguinte:
Luns 11: Elaboración de estuches con tetrabrik (Vilaboa)
Martes 12: Elaboración de estuches con tetrabrik (O Burgo)
Mércores 13: Decoración con papel (Vilaboa)
Xoves 14: Decoración con papel (O Burgo)
Luns 17: Cartel personalizado (Vilaboa)
Martes 18: Cartel personalizado (O Burgo)
Mércores 19: Taller de funda de teléfono móbil con fieltro (Vilaboa)
Xoves 20: Taller de funda de teléfono móbil con fieltro (O Burgo)
Luns 24: Taller de estampación (Vilaboa)
Martes 25: Taller de estampación (O Burgo)
Mércores 26: Xogo de pistas (Vilaboa)
Xoves 27: Xogo de pistas (O Burgo)
A inscrición para cada unha das actividades efectuarase na semana previa nas instalacións da Biblioteca de Vilaboa, até cubrir prazas.