publicidade hoxe

Taller Harauto tamén é laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Luis A. Guillén visitou a semana pasada as instalacións do taller Harauto na localidade mariñá para agradecer aos seus propietarios, Héctor Ares e Mª. Carmen González, o compromiso da última tempada co club laranxa. Harauto, situado na avenida da Mariña, número 66, ofrece un servizo multimarca de mecánica, electricidade, electrónica e pneumáticos, especializado en Rober e Mitsubishi, con reparación de turismos, 4×4 e vehículos comerciais.

Avalados por anos de experiencia no sector, Héctor e Mª. Carmen apostan por seguir medrando no mundo da reparación unindo o seu traballo a Talleres Motrio, patrocinador oficial da LNFS. Harauto abre unha nova etapa de prosperidade na que continuará colaborando coa entidade laranxa. 

4 de agosto de 2015 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.