Sesión de contacontos en Laxe
Mañá ás 20 horas na Praza de Ramón Juega terá lugar a terceira das actuacións do programa de a pé de rúa deste verán. Despois de Peter Punk e Mundo Mandarina, este xoves teremos un contacontos da compañía Daboa pipa titulado “vellos, vellas e outras lerias” Unha actuación pensada para todos os públicos e de balde. En caso de mal tempo (choiva ou vento) trasladaríamos a actividade ao patio cuberto da Praza dos Voluntarios.